Presentamos a Misión #deResiduosaRecursos, o programa escolar de ACCIÓN EDUCATIVA dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria para traballar a economía circular, o consumo responsable (ODS-12) e fomentar a actitude de mellorar a nosa contorna coas nosas propias mans.
Todo dunha maneira moi creativa e orixinal, convertendo ao alumnado en protagonista!
Xa temos gañadores de Faino Verde!
A dinámica do concurso está adaptada á nova lei educativa LOMLOE e todos os recursos educativos axústanse ao currículo escolar de Primaria e Secundaria.
O programa tamén inclúe talleres para ensinar ao alumnado hábitos medioambientais respectuosos.
Es deses mozos que sempre buscan unha forma diferente de facer as cousas? O planeta necesita que lle botemos unha man! Úneste?
Os #greenfluencers xa están a cambiar o mundo coas súas ideas a través das redes sociais! Se necesitades inspiración para o traballo de participación, aquí tedes unha boa dose!
Este ano hai 3 supergañadores nacionais con 3 grandes premios! Queres saber cales son? Desvelámoschos aquí!