9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Hazlo Verde 6 - De residuos a recursos

TALLERES DO CONCURSO ESCOLAR DE MEDIO AMBIENTE

Os talleres son unha gran ferramenta para transmitir ao teu alumnado hábitos respectuosos co medio ambiente, dunha maneira lúdica e baseada no aprendizaxe experiencial.

Podes elixir dúas modalidades de talleres:

  • Taller descargable: Poderás descargar un taller con todo o material necesario para realizalo cando queirades.
  • Taller en directo: Poderás anotarte a un taller en directo coa asistencia dun dos nosos voluntari@s ao voso centro. Prazas limitadas. Dispoñible ata o 10 de xaneiro de 2022

Ademais, contamos con tres dinámicas de talleres, adaptadas ás diferentes idades e que poden ser elixidas segundo as necesidades de cada grupo.Descúbreas!

Taller dividido en tres bloques: Unha primeira parte de conceptos e valores sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE. Seguidamente lévase a cabo o desenvolvemento dunha actividade onde ensinamos a realizar un organizador de escritorio a partir de caixas de cartón.
Finalmente faise unha reflexión de todo o aprendido no taller.

Taller dividido en tres bloques: Unha primeira parte de conceptos e valores sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE. Seguidamente lévase a cabo o desenvolvemento dunha actividade onde ensinamos a realizar unha friameira, para o recreo, a partir dun tetrabrik.
Finalmente faise unha reflexión de todo o aprendido no taller.

Taller dividido en tres bloques: Unha primeira parte de conceptos e valores sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE. Seguidamente lévase a cabo o desenvolvemento dunha actividade onde ensinamos a realizar un soporte para recargar o móbil a partir dun envase de xampú ou xel, de plástico opaco ou transparente.
Finalmente faise unha reflexión de todo o aprendido no taller.

Como me anoto?

Primeiro debes saber que, para anotarte en ambas as modalidades, é necesario estar rexistrado primeiro no concurso escolar con polo menos un grupo ou clase. Se aínda non estás rexistrado podes facelo en tres sinxelos pasos facendo clic aquí.

Posteriormente desde a túa área privada poderás anotarte da seguinte maneira:

  • Seleccionando a modalidade que máis che interese.
    • Taller descargable:
      1. Indicando a dinámica que máis se axuste aos coñecementos do teu alumnado. Podes seleccionar ata dúas dinámicas diferentes!
      2. Unha vez seleccionadas, poderás descargar todo o material para realizar o taller cando queiras.
    • Taller presencial*:
      1. Só tes que facer clic en “Anotarme a taller”
      2. Un dos nosos voluntari@s poñerase en contacto contigo para definir a data, hora e dinámica do taller.
      * Esta modalidade de taller ten límite de prazas e só poderanse impartir naqueles centros educativos que teña unha tenda Leroy Merlin a menos de 30 km. Os talleres pódense solicitar ata o 10 de xaneiro de 2022.

      Os voluntarios contactarán cos colexios para pechar os talleres desde mediados de outubro ata o 17 de decembro e estes serán impartidos desde o 10 de xaneiro ata o 15 de marzo.