9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Hazlo Verde 6 - De residuos a recursos
Material Didáctico Secundaria
FASE 4

CONVERTEMOS A NOSA AULA NUN LABORATORIO DE EXPERIMENTACIÓN. DE RESIDUOS A RECURSOS.

Nesta 6º edición de Hazlo Verde, pedímosvos que realicedes un proxecto tridimensional, útil e funcional, para a aula, o patio ou o colexio, para sensibilizar á vosa contorna, a partir de residuos que converteredes en recursos!

É o que chamamos CHANGE MAKERS, porque se empraza a que o alumnado se converta en activista para concienciar á súa contorna, por medio da arte e a creatividade.

A vosa misión consiste en dar unha nova vida a algúns residuos cotiáns, e reconvertelos en materia prima para crear un proxecto tridimensional.

Pode ser mobiliario funcional, con algunha utilidade para a aula ou algún outro lugar do colexio, como o patio, a biblioteca, o comedor, a entrada, etc.

Pode ser un obxecto utilitario como portalapis, testos, lámpadas, colgadoiros, etc. para complementar algunha zona común da aula ou do colexio.

Atoparedes exemplos de obras e proxectos funcionais feitos con materiais reciclados, así como de diversas manifestacións artísticas que empregan os residuos como materia prima para as súas esculturas e mesmo mobles.

Pero non pensedes que é algo novo! Foron moitos os deseñadores e movementos artísticos, actuais e pasados, que recorreron aos refugallos para reconvertelos en materia prima creativa.

Obra Fuente

Distintas obras do artista Marcel Duchamp, entre elas “A fonte”, en primeiro plano. Pertencente ao movemento surrealista e dadaísta, de principios do S. XX, este artista foi dos primeiros en facer esculturas a partir de refugallos cotiáns, o que el chamou “ readymades”.

PASO 1

Imos converter a aula nun laboratorio de experimentación de materiais, pero antes será necesario ver que funcións resultan de usar varios tipos de residuos para que nos chegue a inspiración!

Seleccionade os residuos, poden ser materiais usados, restos de madeira, caixas ou envases dun só uso como caixas de froita, caixas de ovos de cartón, etc.

Pensade como reaproveitalos alongando o seu ciclo de vida, e como, sen esa opción, terminarían no vertedoiro, os anos que tardan en degradarse, se son difíciles de reciclar, etc.

Reflexionade sobre a capacidade destes residuos na súa fase de reciclaxe: se tardan moito en degradarse, se son difíciles de reciclar, se contaminan, etc.

  • Caixas de froitas, de plástico e de madeira.
  • Envases dun só uso, de plástico ou cartón.
  • Tetrabriks de leite e zume.
  • Botellas de plástico, de deterxentes, etc.
  • Restos de madeira, palés.
  • Obxectos en desuso como CD ou disquetes.

Pensade na capacidade destes residuos para a estrutura do proxecto tridimensional que ides deseñar, se vai levar baldas ou caixóns, así como a función que vai ter, se vai ser un moble ou un asento, unha lámpada, etc. ou se, simplemente vai ser un obxecto tridimensional decorativo.

CARTÓN. Caixas, embalaxes, rolos, caixas de ovos, etc.

Explorade todas as posibilidades que ofrece o cartón como materia prima para o voso proxecto, xa que é un material moi resistente ao peso.

Podedes usar desde caixas de embalaxe, caixas de zapatos, os rolos interiores do papel WC ou de cociña, ata caixas de ovos de cartón.

Para endurecer as pranchas de cartón, basta con aplicar varias capas de tiras de xornal encoladas con cola branca (tamén chamada cola de carpinteiro) rebaixada con auga.

Unha vez seco, o conxunto queda endurecido e listo para pintar con témperas ou acrílicos.

Canal de Youtube CartonLab

Canle Youtube CARTONLAB
Nesta canle, atoparedes moitos vídeos que mostran as posibilidades do cartón, así como titoriais para transformalo en obxectos e mobles.

TRASH TEspectaculares muebles hechos de cartón
Fonte: Los hobbies de Yola.

59 útiles usos para cajas de cartón
Fonte: Ideas en 5 minutos.

32 ideas de reciclaje creativas para tu hogar
Fonte: Ideas en 5 minutos.

O cartón foi empregado por artistas e arquitectos contemporáneos como material de construción, tanto polo factor económico e ambiental como pola súa característica de resistencia ao peso.

Frank Gehry, recoñecido arquitecto que levantou o Museo Guggenheim en Bilbao, empregou materiais pouco convencionais como o cartón.

Silla Wiggle

Entre os anos 1969 e 1973, creou unha liña de mobiliario chamada “ Easy Edges”.En 1972, deseñou unha cadeira feita enteiramente de cartón, á que chamou Cadeira Wiggle.

"Silla Wiggle Side Chair" diseñada por Frank Gehry
Fonte: Diseño VIP magazine.

CAIXAS DE FROITAS, DE PLÁSTICO E DE MADEIRA.

As caixas de plástico e madeira que se empregan para o transporte de froitas e verduras teñen unha estrutura e resistencia aptas para a súa reconversión en estantes, caixas de almacenamento, caixóns para mobles, base para asentos, que as fan moi funcionais.

Ejemplo uso de cajas

Ejemplo uso de cajas

¿Cómo aprovechar las cajas plásticas de frutas?
Fonte: Los hobbies de Yola. Manualidades.

“MIRA que hice con MADERA de CAJAS de FRUTAS 37”
Fonte: Las cosas de Lola.

“50 IDEAS GENIALES CON CAJAS DE FRUTA| para decorar tu casa”
Fonte: Ideas_kelly.

TETRABRIKS E BOTELLAS DE PLÁSTICO.

Aproveitando as propiedades illantes e impermeables dos envases tetrabriks e botellas de plástico, así como as de deterxente de lavadora, poden reutilizarse como testos, base para xardíns verticais ou mesmo casiñas de paxaros.

Doutra banda, se despregades os tetrabriks, obteredes un material listo para crear tramas entrecruzadas e formar desde pantallas de lámpada ou bolsas a moedeiros.

Ejemplo uso de Tetra Bricks

Reciclando TetraPack Ideas
Fonte: Eco Canary.

Increíbles ideas con cajas Tetrabrick
Fonte: Una vez más.

Huertos verticales con materiales reciclados
Fonte: Hazlo fácil en el hogar.

PASO 2

Unha vez vistas as posibilidades que ofrecen os residuos de cartón, plástico e madeira, reflexionade sobre a utilidade e función que lle ides a dar ao proxecto.

Reflexionade sobre a función do voso proxecto tridimensional e a capacidade dos materiais empregados para a súa construción.

Pensade na función que lle queredes dar ao voso proxecto tridimensional: se vai ser un moble, un obxecto funcional ou decorativo, etc., para que vai servir o voso proxecto, se é un moble, un andel, uns asentos, se vai servir para gardar cousas da aula, para sentar, para iluminar unha zona da clase, etc. ou simplemente, un elemento tridimensional decorativo.

  • Enumerar todas as opcións e características do uso e función que lle ides dar: Vai ter caixóns ou estantes? Para que vai servir? Querémolo funcional ou estético?
  • É un obxecto decorativo, tridimensional.
  • É un moble para almacenar.
  • É un andel.
  • É unha banqueta, cadeira auxiliar, etc.
  • É un xardín ou horto vertical para o patio.
  • É un hotel de insectos, unha paxareira, etc.
  • É unha bolsa para gardar o bocadillo, un cartafol de clase, etc.
  • É unha lámpada ou un obxecto decorativo, etc.

Moble realizado a partir de varias caixas de froita de plástico.

Explorade as posibilidades estruturais que ofrecen os materiais de refugallo en canto a durabilidade, resistencia, flexibilidade, etc. como o cartón, anacos de madeira, elementos de plástico, etc.

Pensade no material máis idóneo para a construción do obxecto tridimensional que ides deseñar, así como a función que vai ter: se debe ser resistente porque vai levar peso, se debe ser illante porque é unha lámpada, etc.

Lámpada realizada con caixa de ovos de cartón.

Banquetas feitas a partir de pranchas de cartón.

Os residuos e obxectos que se tiran ao lixo atoparon oco dentro da arte contemporánea. Os artistas de principios do S. XX, como Picasso, Juan Gris ou Georges Braque, foron dos primeiros en incorporar nas súas obras pictóricas páxinas de xornal, elevando a técnica da colaxe á vangarda da arte cubista.

Colaxe “Botella de ron” con anacos de xornal e etiqueta Anís do Mono. Georges Braque, 1914.

Escultura “Cabeza de touro” elaborada a partir dunha sela e guiador de bicicleta. Pablo Picasso, 1942.

O movemento moderno do dadaísmo, abandeirado por Salvador Dalí e Marcel Duchamp, tamén recorreu a obxectos de refugallo para crear esculturas.

Marcel Duchamp especializouse na arte conceptual e surrealista, coa súa serie de esculturas ready-mades sendo a máis importante a creada a partir dun urinario, “A fonte”. en 1917.

Na actualidade, o artista barcelonés Miquel Aparici crea esculturas a partir de obxectos refugados de ferro e madeira.

Ao longo do proceso de creación do proxecto tridimensional, lembra os alumnos e alumnas que deben anotar os residuos e todo o proceso de desenvolvemento.

Non esquezas completar a ficha técnica do proxecto presentado que tes na área privada docente. Así, desde Hazlo Verde, poderemos valorar todo o proceso de traballo e creación, e que axudará ao xurado á hora de valorar o voso traballo.

TIPO DE RESIDUOS Fundamentade a vosa elección dos residuos: explicade por que elixistes os residuos (cantidade diaria; difíciles de reciclar, tardan en degradarse, etc.)
Deixade descritos, nunha listaxe, todos os residuos seleccionados para o proxecto e o seu peso.
PROCESO DE RECOLLIDA Explicádenos como foi o proceso de recollida: desde a aula, o patio de recreo, o barrio, etc.
Contádenos se lograstes mobilizar a outros compañeiros/as doutras clases, doutros cursos, se participou parte ou todo o colexio, as familias, os amigos do barrio, etc.
PROCESO CREATIVO Explicádenos como foi o proceso de creación, se traballastes nel por equipos, que ideas foron xurdindo, etc.
FUNCIONALIDADE Explicade a utilidade que ten o voso proxecto tridimensional, se vai ser funcional ou decorativo, así como a súa localización na escola: na aula, corredor, patio de recreo, etc.
TÉCNICAS ARTÍSTICAS Contádenos as técnicas creativas que empregastes, así como os materiais usados para o voso proxecto tridimensional.
PASO 3

Subide un vídeo cunha duración máxima de 1 minuto, desde a área privada docente, incluíndo o título da vosa creación.

PASO 4

Non esquezades completar a descrición do voso proxecto. Para iso, preparamos a ficha técnica que se pode cubrir automaticamente como a que tedes máis arriba, que axudará ao xurado á hora de valorar o voso traballo.

PASO 5

Ademais, se o voso traballo de participación resulta finalista, desde Hazlo Verde, proporcionarémosvos recursos adaptados á vosa proposta, para que poidades compartilo nas vosas redes sociais.