9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Hazlo Verde 6 - De residuos a recursos
Material Didáctico Primaria
FASE 4

CONVERTEMOS A NOSA AULA NUN LABORATORIO DE IDEAS. DE RESIDUOS A RECURSOS.

Nesta 6º edición de Hazlo Verde, pedímosvos que realicedes un mural artístico para sensibilizar á vosa contorna, a partir de residuos que converteredes en recursos!

É o que chamamos artivismo, porque se empraza a que o alumnado se converta en activista para concienciar á súa contorna, por medio da arte e a creatividade.

Atoparedes exemplos de diversas manifestacións artísticas que empregan os residuos como materia prima para as súas obras artísticas, pero, non pensedes que é algo novo! Foron moitos os artistas e movementos artísticos, actuais e pasados, que recorreron aos refugallos para reconvertelos en materia prima creativa.

Collage Juan Gris

Juan Gris, artista do Cubismo, foi dos primeiros en incorporar retallos de teas e xornais para as súas creacións, a principios do S. XX. Nacera a colaxe!

PASO 1

Imos converter a aula nun laboratorio de ideas, pero antes será necesario ver que ideas circulan polo mundo para que nos chegue a inspiración!

TRASH TO TREASURE. Best Recycled Art Made from Trash!
Fonte: ARTWITHAIM.

75 amazing trash art creations
Fonte: Robb´s Homemade Life.

Artistas actuais, recoñecidos mundialmente, que empregan residuos como recursos para as súas obras.

ARTUR BORDALO II

El arte urbano de Bordalo II
Fonte: DW Español.

A Arte do Desperdício - O nascimento de uma obra de Bordalo II
Fonte: Time Out Lisboa.

EVA JOSPIN

“Entre los árboles: Eva Jospin” Galería Hayward
Fonte: Southbank centre.

Le matériau qui cartonne
Fonte: Canal Arte.

VIK MUÑIZ

¿Basura? ¡NO! material reciclable y arte
Fonte: Martha Londoño Arango.

Exposición Vik Muñiz
Fonte: Museo Universidad Navarra.

< div class="tit-paso">PASO 2

Unha vez vistas as posibilidades que ofrecen os residuos e como estes son tratados por estes artistas contemporáneos, é momento de reflexionar en clase sobre como vai ser o voso mural e os tipos de residuos que ides reutilizar para aplicalos como recursos creativos.

Pensade nos residuos diarios e cotiáns que se xeran no colexio e en casa. Reflexionade sobre a capacidade destes residuos na súa fase de reciclaxe: se tardan moito en degradarse, se son difíciles de reciclar, se contaminan, etc.

  • Papel aluminio de bocadillos.
  • Envases dun só uso como envoltorios de froita (bandexas de porexpán).
  • Caixas e cartóns, caixas de ovos de cartón.
  • Botellas de plástico, tapóns de plástico, etc.
  • Material escolar, tapas de cadernos, lapis rotos, etc.
  • Xornais e revistas.

Seleccionade os residuos, poden ser materiais usados, restos de madeira, caixas ou envases dun só uso como caixas de froita, caixas de ovos de cartón, etc.

Pensade na capacidade destes residuos, se estes tardan moitos anos en degradarse, se son difíciles de reciclar, etc.

Pensade en como reaproveitalos alongando o seu ciclo de vida, e como, sen esa opción, terminarían no vertedoiro

Agrupádevos por equipos: cada grupo ten asignado un tipo de residuo e deberá pensar sobre as posibilidades creativas que se lle poden dar, por textura, forma ou cor.

  • Cada equipo ten un residuo asignado.
  • Por quendas, pide que che expliquen que usos e posibilidades creativas van dar ao residuo, así como onde e de que maneira se vai colocar no mural.

Para desenvolver este paso, convidámoste a que o convertas nunha dinámica gamificada:

  • Organiza a clase en equipos de xogo, duns 3-4 alumnos e alumnas.
  • Selecciona un residuo e móstrao á audiencia.
  • Cada equipo debe dicir, en menos dun minuto e en voz alta, o uso e posibilidade que lle atopa ao residuo que mostraches.
  • Apunta as mellores ideas no taboleiro.
  • Repite o proceso co resto de residuos.
Obra Animales de chatarra

Animales de chatarra del artista portugués Artur Bordalo, creados a partir de residuos y material de desecho.

Fotografía de Eva Jospin

A artista francesa Eva Jospin realiza as súas obras con cartóns, creando bosques profundos grazas ás texturas que ofrece este material.

Obra de Vik Muniz

Obra do artista brasileiro Vik Muniz.

Pensade na imaxe e mensaxe do mural, se queredes que sexa unha figurativa, abstracta, con imaxes ou con frases ou tipografías.

Para unificar o conxunto dos residuos seleccionados, podédelos pintar de cores, creando gamas cromáticas, ou ben, se elixides unha temática abstracta, decantarvos por diversas texturas, tamaños e formas, ou tamén, crear unha frase que conciencie, formando cada letra cos residuos.

SUXESTIÓN de técnica para adornar o mural con relevos tridimensionais.

  • Reciclade os xornais que xa non sirvan.
  • Cortádeos en tiras e depositádeos nun recipiente de plástico ou similar; podedes aproveitar algún envase dun só uso.
  • Facede unha mestura de cola branca (tamén chamada cola de carpinteiro) rebaixada con auga.
  • Mesturade a cola e os xornais, ata que se forme unha pasta agrisada. A auga vai ir desfacendo o xornal ata convertelo en pasta de papel, ou papier maché.
  • Para conservar a mestura, engadide unhas pingas de vinagre. Cando non se use, gardádea na neveira.
  • Formade as formas tridimensionais da vosa elección e pegádeas ao mural cunha boa capa de cola. Para asegurar que non caian unha vez secas, podedes cubrir as formas con máis tiras de xornal encoladas sobre o mural.
  • Podedes usar globos para crear volumes esféricos: inflade os globos e ide pegando tiras de papel con cola. Aplicade varias capas. Deixade secar. Veredes como se endurece, o que vos permite crear formas tridimensionais máis complexas.
  • Unha vez seco, só hai que pintar con témperas ou acrílicos.
Ejemplo de proceso de relieves tridimensionales
Ejemplo de proceso de relieves tridimensionales

SUXESTIÓN de técnica para adornar o mural cun mosaico.

  • Reciclade os tarros de cristal que xa non sirvan, elixide algúns de cores, transparentes ou con texturas.
  • Tamén podedes reciclar baldosas ou restos de cerámica, como pratos e vaixela rota.
  • Collede unha bolsa resistente e depositade os tarros no seu interior. Con coidado e protección (luvas e lentes de protección) golpeade a bolsa coa axuda dun martelo, ata romper os tarros en pequenos cristais.
  • Nesa mesma bolsa, metede area. Pechade ben a bolsa e axitádea; a acción abrasiva da area vai limar os bordos de cada cristaliño eliminando as asperezas.
  • Unha vez estean os cristais limados polos bordos, xa non hai perigo de que corten.
  • Planificade ben o debuxo que ides formar no mosaico, xa que esta técnica require de planificación, pois unha vez se seque a base non se poderá modificar o debuxo.
  • Elixide o debuxo que vai ter o mosaico, pode ser figurativo ou formando unha trama xeométrica. Aproveitade a gama de cores e texturas dos diversos cristais que se formaron.
  • Sobre o mural, aplicade unha capa grosa, de entre 3 ou 5 cm, que pode estar formada pola pasta de papel ou por arxila mesturada con cola branca.
  • Antes de que seque, aplicade unha capa de cola sobre cada cristaliño e premede sobre a base para que quede ben encaixada.
  • Unha vez seco, podedes aplicar unha capa de verniz para protexer o conxunto.

Aínda que o mosaico é unha técnica antiga herdada da época dos romanos, na que se usaban anaquiños de pedra, terracota ou vidro coloreado, chamadas teselas, Antonio Gaudí foi o expoñente contemporáneo dunha técnica tradicional mallorquina, chamada Trencadís.

Esta técnica aproveitaba os restos de cerámica, testos e vaixelas rotas, reciclándoos para formar un particular mosaico, que destacaba polas súas cores brillantes e figuras ou tramas abstractas.

Ejemplo de mosaico
Ejemplo de mosaico

SUXESTIÓN de técnica para adornar o mural con tapóns de plástico.

  • Seguindo a mesma técnica do mosaico, replicade os pasos da base e encolado das pezas.
  • Reciclade tapóns de botellas, que son de plástico, as tapas metálicas dos tarros, etc. e agrupádeos por cores e texturas.
  • Sobre o mural, aplicade unha capa grosa, de entre 3 ou 5 cm, que pode estar formada pola pasta de papel ou por arxila mesturada con cola branca.
  • Antes de que seque, aplicade unha capa de cola sobre cada tapón e premede sobre a base para que quede ben encaixada.
  • Unha vez seco, podedes aplicar unha capa de verniz para protexer o conxunto.
Ejemplo de mural con tapones
Ejemplo de mural con tapones

SUXESTIÓN de técnica para adornar o mural con colaxe.

  • Reciclade xornais, revistas e mesmo libros que xa non se van a usar, como ilustracións, etc.
  • Recortade as imaxes que máis vos gusten, coidando de manter as formas e siluetas de cada unha.
  • Pegade as imaxes con cola branca ou barra de pegamento sobre a superficie.
  • Aplicade unha capa de verniz para protexer o conxunto.

O découpage foi unha técnica decorativa antiga usada desde o Renacemento e que tivo o seu auxe a finais do S. XIX. Para iso, aproveitábanse os papeis impresos ou láminas para formar composicións coas imaxes recortadas, que se colaban sobre calquera superficie: mobles, vaixelas, bandexas, caixas, etc.

Foi unha forma de reciclaxe moi decorativa, que permitía dar unha segunda vida a calquera moble ou obxecto, transformando o seu aspecto.

Ejemplo de collage
Ejemplo de collage
PASO 3

Seleccionade os residuos e acordade cal é a mensaxe que queredes comunicar no voso mural. Deberedes transformar os conceptos e as ideas baixo uns códigos visuais orixinais, que poñan en valor os residuos rescatados e transformados en recursos!

Poñémonos mans á obra e creamos o mural!

  • Elixide o lugar e localización: no corredor, no patio do cole, na entrada do colexio, etc.
  • Pensade na distribución dos residuos, aproveitade as texturas que teñen, elixide unha gama cromática e pintádeos de cores, etc.
  • Elixide o tipo de imaxe do voso mural, se vai ser figurativa ou abstracta.
  • Ademais, poderedes engadir unha frase motivadora ou un slogan que chame a atención do público e que reforce a mensaxe do mural.

Ao longo do proceso de creación do mural, lembra aos alumnos e alumnas que deben anotar os residuos e todo o proceso de desenvolvemento.

Non esquezas completar a ficha técnica do mural presentado que tes na área privada docente. Así, desde Hazlo Verde, poderemos valorar todo o proceso de traballo e creación.

FICHA TÉCNICA DO PROXECTO CHANGE MAKERS.

TIPO DE RESIDUOS Fundamentade a vosa elección dos residuos: explicade por que elixistes os residuos (cantidade diaria; difíciles de reciclar, tardan en degradarse, etc.)
Deixade descritos, nunha listaxe, todos os residuos seleccionados para o proxecto e o seu peso.
PROCESO DE RECOLLIDA Explicádenos como foi o proceso de recollida: desde a aula, o patio de recreo, o barrio, etc.
Contádenos se lograstes mobilizar a outros compañeiros/as doutras clases, doutros cursos, se participou parte ou todo o colexio, as familias, os amigos do barrio, etc.
PROCESO CREATIVO Explicádenos como foi o proceso de creación, se traballastes nel por equipos, que ideas foron xurdindo, etc.
TÉCNICAS ARTÍSTICAS Contádenos as técnicas creativas que empregastes, así como os materiais usados para o voso mural.
MENSAXE FINAL Escribide aquí a mensaxe de concienciación que queredes transmitir á vosa comunidade.
Explicádenos o significado das imaxes creadas, as gamas de cor e texturas, o que representastes, etc.
PASO 4

Subide unha imaxe en formato JPEG desde a área privada docente, incluíndo o título da vosa creación.

PASO 5

Non esquezades completar a descrición do voso proxecto. Para iso, preparamos a ficha técnica que se pode cubrir automaticamente como a que tedes máis arriba, que axudará ao xurado á hora de valorar o voso traballo.

PASO 6

Ademais, se o voso traballo de participación resulta finalista, desde Hazlo Verde, proporcionarémosvos recursos adaptados á vosa proposta, para que poidades compartilo nas vosas redes sociais.

Agora é a vosa quenda!