Na nova lei educativa, LOMLOE, ofrécese unha nova redacción para a etapa de educación primaria, que presta especial atención á educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía mundial, fomentando o espírito crítico do alumnado.
Este novo concepto de cidadanía mundial queda descrito na competencia global e participación cidadá, que é unha recomendación do Parlamento europeo, recollido no informe PISA 2018 levado a cabo pola OCDE, e que, coa próxima entrada en vigor da LOMLOE, se axustará ao currículo de primaria.
A definición da OCDE mostra unha énfase especial nas actitudes e valores:
“Competencia global é a capacidade de analizar asuntos globais e interculturais, valorar distintas perspectivas desde o respecto polos dereitos humanos, para interrelacionarse con persoas de diferentes culturas e emprender accións polo ben común e o desenvolvemento sustentable”.
< div> LOMLOE.
Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
Artigo 2. Fins.
“ f) O desenvolvemento da capacidade dos alumnos para regular a súa propia aprendizaxe, confiar nas súas aptitudes e coñecementos, así como para desenvolver a creatividade, a iniciativa persoal e o espírito emprendedor.”
Artigo 19. Principios pedagóxicos.
“En cuarto lugar, recoñece a importancia de atender ao desenvolvemento sustentable de acordo co establecido na Axenda 2030. Así, a educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía mundial ha de incardinarse nos plans e programas educativos da totalidade do ensino obrigatorio, incorporando os coñecementos, capacidades, valores e actitudes que necesitan todas as persoas para vivir unha vida frutífera, adoptar decisións fundamentadas e asumir un papel activo –tanto no ámbito local como mundial– á hora de afrontar e resolver os problemas comúns a todos os cidadáns do mundo.
A educación para o desenvolvemento sustentable e para a cidadanía mundial inclúe a educación para a paz e os dereitos humanos, a comprensión internacional e a educación intercultural, así como a educación para a transición ecolóxica, sen descoidar a acción local, imprescindibles para abordar a emerxencia climática, de modo que o alumnado coñeza que consecuencias teñen as nosas accións diarias no planeta e xerar, por conseguinte, empatía cara á súa contorna natural e social.”
div>MATERIAS |
BLOQUES DE CONTIDO |
BLOQUES DE CONTIDO |
CIENCIAS DA NATUREZA |
BLOQUE 4. MATERIA E ENERXÍA. |
Estudo e clasificación dalgúns materiais. Utilidade dalgúns avances, produtos e materiais para o progreso da sociedade. |
CIENCIAS SOCIAIS |
BLOQUE 1. CONTIDOS COMÚNS. |
Planificación de proxectos co fin de alcanzar obxectivos. Iniciativa emprendedora. |
BLOQUE 2. O MUNDO EN QUE VIVIMOS. |
Recursos naturais, materias primas. |
|
BLOQUE 3. VIVIR EN SOCIEDADE. |
O desenvolvemento sustentable. |
|
EDUCACIÓN ARTÍSTICA |
BLOQUE 2. EXPRESIÓN ARTÍSTICA |
Representar de forma persoal ideas/accións valéndose dos elementos que configuran a linguaxe visual. |
VALORES SOCIAIS E CÍVICOS |
BLOQUE 3. A CONVIVENCIA E OS VALORES SOCIAIS |
Realizar un uso responsable dos bens da natureza, comprendendo e interpretando sucesos, analizando causas e predicindo consecuencias. |
Contribuír á conservación do medio ambiente mantendo unha actitude crítica. |