Na nova lei educativa, LOMLOE, ofrécese unha nova redacción para a etapa de educación secundaria, que presta especial atención á educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía mundial, fomentando o espírito crítico do alumnado.
Este novo concepto de cidadanía mundial queda descrito na competencia global e participación cidadá, que é unha recomendación do Parlamento europeo, recollido no informe PISA 2018 levado a cabo pola OCDE, e que, coa próxima entrada en vigor da LOMLOE, se axustará ao currículo de secundaria.
A definición da OCDE mostra unha énfase especial nas actitudes e valores:
“Competencia global é a capacidade de analizar asuntos globais e interculturais, valorar distintas perspectivas desde o respecto polos dereitos humanos, para interrelacionarse con persoas de diferentes culturas e emprender accións polo ben común e o desenvolvemento sustentable”.
LOMLOE.
Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
Preámbulo.
“Ás materias establecidas con carácter obrigatorio, engádese a posibilidade de ofrecer materias optativas, coa novidade de que poidan configurarse como un traballo monográfico ou un proxecto de colaboración cun servizo á comunidade. Nun dos cursos da etapa, todo o alumnado cursará a Educación en Valores cívicos e éticos, que prestará especial atención á reflexión ética e incluirá contidos referidos (…) á educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía mundial, (…) fomentando o espírito crítico e a cultura de paz e non violencia.”
Artigo 22. Fins.
“A finalidade da Educación secundaria consiste en lograr que os alumnos e alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico-tecnolóxico e motriz; desenvolver e consolidar neles os hábitos de estudo e de traballo; así como hábitos de vida saudables, preparándoos para a súa incorporación a estudos posteriores, para a súa inserción laboral e formándoos para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións da vida como cidadáns.”
“Así mesmo, poñerase especial atención na potenciación da aprendizaxe de carácter significativo para o desenvolvemento das competencias que promovan a autonomía e a reflexión”.
Artigo 25. Organización do cuarto curso da educación secundaria obrigatoria.
6. “Sen prexuízo do seu tratamento específico, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o emprendemento social e empresarial, o fomento do espírito crítico e científico, a educación emocional e en valores, a igualdade de xénero e a creatividade traballaranse en todas as materias. En todo caso, fomentaranse de maneira transversal a (…) formación estética, a educación para a sustentabilidade e o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.”
7. Nalgún curso da etapa todos os alumnos e alumnas cursarán a materia de Educación en Valores cívicos e éticos. Nesta materia, que prestará especial atención á reflexión ética, incluiranse contidos referidos (…) á educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía mundial, (…) fomentando o espírito crítico e a cultura de paz e non violencia.”
MATERIAS |
BLOQUES DE CONTIDO |
BLOQUES DE CONTIDO |
TECNOLOXÍA |
BLOQUE 1. PROCESO DE RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS TECNOLÓXICOS. |
Identificar as etapas necesarias para a creación dun produto desde a súa orixe ata a súa comercialización describindo cada unha delas, investigando a súa influencia na sociedade e propoñendo melloras tanto desde o punto de vista da súa utilidade como do seu posible impacto social. |
BLOQUE 6. TECNOLOXÍA E SOCIEDADE. |
Adquisición de hábitos que potencien o desenvolvemento sustentable. |
|
EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL |
BLOQUE 5. FUNDAMENTOS DO DESEÑO. |
BLOQUE 5. FUNDAMENTOS DO DESEÑO. |
CIENCIAS APLICADAS Á ACTIVIDADE PROFESIONAL |
BLOQUE 2. APLICACIÓNS DA CIENCIA NA CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE. |
Desenvolvemento sustentable. |
ECONOMÍA |
BLOQUE 6. ECONOMÍA INTERNACIONAL |
A consideración económica do medio ambiente: a sustentabilidade. |
Argumentar sobre a necesidade dunha xestión sustentable dos recursos que proporciona a Terra. |
||
CULTURA CIENTÍFICA |
BLOQUE 3. AVANCES TECNOLÓXICOS E O SEU IMPACTO AMBIENTAL. |
Valorar as graves implicacións sociais, tanto na actualidade como no futuro, da sobreexplotación de recursos naturais, contaminación, desertización, perda de biodiversidade e tratamento de residuos. |
BLOQUE 5. NOVOS MATERIAIS |
Realizar estudos sinxelos e presentar conclusións sobre aspectos relacionados cos materiais e a súa influencia no desenvolvemento da humanidade. |
|
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA |
BLOQUE 3. ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE. |
A actividade humana e o medio ambiente. Os recursos naturais e os seus tipos. Consecuencias ambientais do consumo humano de enerxía. Os residuos e a súa xestión. |